luns, 28 feb 2011
Unha moción socialista, apoiada polo grupo nacionalista e rexeitada polo PP, levou hoxe luns ao Pleno da Corporación as competencias autonómicas en materia de emprego. O texto aprobado reclama da Xunta que exerza as súas responsabilidades e que xere en Vigo 5.500 empregos, dentro do compromiso autonómico de crear 43.500 en dúas semanas.
luns, 28 feb 2011
O goberno local deu luz verde na sesión plenaria deste luns -coa oposión do PP- á moción presentada polos socialistas reclamando ao ente provincial a recoñecer a súa "débeda" con Vigo pola "falta de investimento" na urbe nos catro últimos exercizos. Ademais, pide da Deputación que inicie os traballos de construción do chamado Colexio Alemán e que convoque o Comité Técnico constituído en novembro pasado sobre o aeroporto de Vigo.
luns, 28 feb 2011
A pesar do voto en contra do Partido Popular, o BNG acadou o respaldo do pleno para aprobar, cos votos de BNG e PSOE, a moción defendida pola concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, para instar á Deputación de Pontevedra a colaborar economicamente co funcionamento do Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Malos Tratos, tal e como lle ten reclamado a Xunta de Galiza en reiteradas ocasións. A nacionalista salientou que dos 300.000 euros que custa este servizo, que atende a mulleres de toda a provincia, o Concello de Vigo achega 266.000 euros.
luns, 28 feb 2011
Os tres grupos políticos con representación municipal -PP, PSOE e BNG- respaldaron este luns no Pleno da Corporación a proposta da Alcaldía para que o Concello se sume a esta iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que procura a adopción de compromisos para o desenvolvemento da calidade na xestión pública, materializada na accesibilidade, eficiencia e flexibilidade da administración local.
luns, 28 feb 2011
O Pleno da Corporación Municipal aprobou este luns a proposta do BNG, cos votos de nacionalistas e populares e a abstención do PSOE, que insta ao Ministerio de Fomento a reconsiderar a súa negativa sobre a declaración como vía urbana do tramo da AP-9 de Rande a Vigo. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou que é dunha "demanda histórica" que melloraría a vertebración do barrio de Teis, polo que asegurou que o BNG non entende a negativa de Fomento dada a deputada Olaia Fernández Davila para acometer esta transformación.
luns, 28 feb 2011
Socialistas e nacionalistas aprobaron no Pleno deste luns -coa absteción do PP- iniciar os estudos sobre a modificación do Plan Xeral para adaptalo aos novos trazados viarios e ferroviarios de entrada a Vigo. A chegada do AVE en túnel ata Urzáiz implicará a construción dunha senda verde de tres quilómetros polo actual percorrido das vías en superficie, e Urbanismo redactará outro deseño de estrada para acceder ao centro desde o Seminario da Avenida de Madrid.
luns, 28 feb 2011
A moción presentada polo PP foi respaldada polo goberno local -PSOE e BNG- no Pleno da Corporación deste luns, que solicita a posta en marcha da comisión xudicial antes de finalizar o presente mes e se proceda a expropiar os terreos para a coñecida como Cidade da Xustiza, para poñelos a disposición da Xunta de Galicia cara a edificación das futuras sedes da administración xudicial.
luns, 28 feb 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto a varios concelleiros municipais e distintas autoridades participaron nesta pasada fin de semana na entrega dos galardóns á veintena de premiados deste tradicional evento, que reúne nas instalacións da Zona Franca de Vigo a algúns dos mellores cultivadores desta variedade asiática.
luns, 28 feb 2011
O pasado domingo concluíu a primeira edición desta novidosa iniciativa náutica respaldada pola Alcaldía de Vigo, despois dunha fin de semana de regatas deportivas e de exhibición. A de Vigo foi a terceira proba destas características que puido ser seguida íntegramente por Internet, e contou coa participación de deportistas olímpicos e destacados competidores na modalidade a nivel estatal.
luns, 28 feb 2011
O próximo martes 1 de marzo, ás 20.00 horas no Museo Verbum , o Festival Sinsal presenta a "primeira parada" da exposición MÚSICA EN BRANCO: MEMORIA DUNHA CIDADE. Ata o 27 de marzo, poderase visitar esta exposición e participar nunha obra colectiva, unha homenaxe á música que nos emociona.