Aprobada a moción do BNG para que a Deputación colabore economicamente co Centro de Emerxencia de Mulleres
A pesar do voto en contra do Partido Popular, o BNG acadou o respaldo do pleno para aprobar, cos votos de BNG e PSOE, a moción defendida pola concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, para instar á Deputación de Pontevedra a colaborar economicamente co funcionamento do Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Malos Tratos, tal e como lle ten reclamado a Xunta de Galiza en reiteradas ocasións. A nacionalista salientou que dos 300.000 euros que custa este servizo, que atende a mulleres de toda a provincia, o Concello de Vigo achega 266.000 euros.
"Canto é o mínimo que ten que poñer a Deputación de Pontevedra?", preguntou Iolanda Veloso, en resposta á intervención da concelleira do grupo popular, Marián García, que sinalou que os 266.000 euros é "irrisoria" e a "cantidade mínima" que ten que poñer o Concello de Vigo. "O Concello de Vigo ten a obriga e cumpre de sobre", asegurou a concelleira de Igualdade. Pola contra, manifestou que a Deputación de Pontevedra, que segundo os populares "traballa para as persoas", dende 2009 non pon cartos para o acollemento de mulleres vítimas de malos tratos, "polo que deduzo que o PP non quere que a Deputación achegue cartos a cun centro que depende da Xunta", criticou.
Iolanda Veloso explicou que o Centro de Emerxencia atende a mulleres de todo o país, por ser de xestión autonómica, das que o 51% son da provincia de Pontevedra, excluíndo Vigo, mentres que desta cidade son o 21% de usuarias. Para a concelleira de Igualdade, tendo en conta estes datos, a achega de 266.000 euros do Concello de Vigo "resulta desproporcionada". Apuntou que nesta consideración "coincidimos tanto a responsábel da Concellería de Igualdade como a secretaria xeral de Igualdade e o xerente do Consorcio", e que desde hai xa tempo a Xunta de Galiza solicita a colaboración económica da Deputación de Pontevedra "sen obter resposta ningunha ata o momento". Neste sentido, e en resposta ás críticas das concelleira popular, Iolanda Veloso asegurou que se limita a "transmitir as declaracións recollidas nas actas e remitidas ao Concello de Vigo" a respecto da demanda de fondos da Xunta á Deputación.
A concelleira de Igualdade lamentou que a Deputación decidiu revogar o convenio co Concello de Vigo "e xa non costea nada". Neste sentido aclarou que esta entidade non financia ningún recurso de acollemento de mulleres vítimas de violencia de xénero, ao rexeitar colaborar co Concello no mantemento da rede municipal de pisos. Lembrou que actualmente os recursos de Vigo son os únicos que existen en toda a provincia, pois logo de pechar a Casa de Acollida de Vigo, á que a Deputación achegaba 100.000 euros anuais, pechou tamén a Casa de Acollida de Pontevedra e o piso da asociación Alecrín, coa que a Deputación tamén mantiña un convenio.