O goberno de Vigo pide á Xunta que exerza as súas competencias en emprego e xere 5.500 postos de traballo na cidade
Unha moción socialista, apoiada polo grupo nacionalista e rexeitada polo PP, levou hoxe luns ao Pleno da Corporación as competencias autonómicas en materia de emprego. O texto aprobado reclama da Xunta que exerza as súas responsabilidades e que xere en Vigo 5.500 empregos, dentro do compromiso autonómico de crear 43.500 en dúas semanas.
Os votos favorables de socialistas e nacionalistas sacaron adiante este luns a moción dos primeiros sobre as competencias de emprego da Xunta de Galicia, solicitando do goberno autonómico que as exerza e cre en Vigo 5.500 postos de traballo.
O acordo adoptado demanda do executivo de Núñez Feijóo que exerza "as competencias de emprego ten transferidas" e que "atenda aos desempregados de Vigo". Insta ademais á Xunta a "cumprir as promesas de crear 43.500 empregos en dúas semanas, deles 5.500 en Vigo" e a "utilizar os instrumentos que ten o goberno galega con eficacia para frear a crise e loitar contra o paro".
O texto da moción indica que "o Presidente da Xunta de Galicia, o sr. Núñez Feijoó, dixo que non tiña competencia no emprego, a pesar de recibir do Estado 350 millóns de euros, ainda con esto o Goberno da Xunta reduce, a pesar da crise, o seu orzamento nun 50%".
"O Goberno do PP e o Sr. Núñez Feijoó en Galicia destruiron 25.149 postos de traballo con 245.831 parados en Galicia, estando por riba da media de España. En Vigo destruiron 30.177, é dicir, 3 puntos por debaixo de Galicia gracias a política económica e de emprego do Alcalde Abel Caballero", argumenta tamén a moción socialista.