A Corporación insta ao Concello a expropiar os terreos da Cidade da Xustiza e a convocar a Comisión xudicial
A moción presentada polo PP foi respaldada polo goberno local -PSOE e BNG- no Pleno da Corporación deste luns, que solicita a posta en marcha da comisión xudicial antes de finalizar o presente mes e se proceda a expropiar os terreos para a coñecida como Cidade da Xustiza, para poñelos a disposición da Xunta de Galicia cara a edificación das futuras sedes da administración xudicial.
A moción aprobada afirma que hai unha "máis que crecente preocupación da comunidade xudicial da cidade polas necesidades en materia xudicial existente na mesma e que non é atendida polo goberno local", pois xa foi debatida en sesión plenaria en dúas ocasións anteriores.
Asegura o acordo que "nin os orzamentos de 2010 nin os de 2011 teñen a consignación orzamentaria necesaria para por en funcionamento a chamada Cidade da Xustiza, e elo a pesares de ter consignada a Xunta de Galicia o diñeiro preciso para a súa construción". O texto indica tamén que Urbanismo ten iniciado un expediente ao respecto "que non ten avanzado a pesares do tempo transcorrido e da necesidade de facer as infraestruturas necesarias".
Polo tanto, o Pleno solicita "que por parte da Alcaldía se proceda á maior brevidade posible á posta en marcha da comisión xudicial antes de finais do mes de febreiro do presente ano; se proceda á expropiación dos terreos da Cidade da Xustiza a fin de poñelos a disposición da Xunta de Galicia, que ten o diñeiro consignado orzamentariamente para proceder á súa construción".