xoves, 3 mar 2011
Abel Caballero visitou este xoves a multinacional Borgwarner, unha "industria de altísima tecnoloxía" que emprega en Vigo a medio millar de persoas. O rexedor garantiu a cooperación municipal para dar respostas as necesidades da empresa, que plantexa un "proxecto de consolidación e asentamento con desenvolvemento de produtividade aquí", o que suporía incluso incrementar o número de postos de traballo.
xoves, 3 mar 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este xoves seu apoio á campaña que o Consello Municipal da Muller está levando a cabo para acadar que María Xosé Queizán ingrese na Real Academia Galega. Na marco desta iniciativa, o tenente de alcalde e a concelleira de Igualdade e Normalización Lingúística, Iolanda Veloso, mantiveron unha xuntanza co presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín. No encontro tamén participaron diversas representantes do Consello Municipal da Muller co fin de facer entrega das 365 adhesións, tanto de persoas particulares como colectivos, á candidatura da escritora viguesa.
xoves, 3 mar 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e representantes dunha decena de empresas concesionarias municipais asinaron este xoves unha declaracións comprometéndose a redactar un convenio a favor da entidade deportiva, que conlevará achegas económicas municipais e das concesionarias. Caballero salientou a importancia de contar co club na Primeira División como proxeción da cidade de Vigo no exterior.
xoves, 3 mar 2011
O alcalde de Vigo asegurou hoxe xoves que a sede que ultima a entidade en Navia será "excepcional" e convertirase "nun dos grandes centros españois de atención aos danados cerebrais graves". O Concello cedeu os terreos para a súa construción pero precisan de medio millón de euros para concluir, aproximadamente nun mes, cos traballos. Caballero comprometeuse a cooperar para conseguir os fondos.
xoves, 3 mar 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, expresou hoxe a súa satisfacción pola posta en marcha da Orquestra Xovigo, que fará a súa estrea os vindeiros 12 e 13 de marzo no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. O nacionalista salientou que os integrantes do proxecto Xovigo participarán dende mañá e ata o 7 de marzo nun campus musical que contará cos mellores profesionais que teñen que ver coas orquestras nos diferentes ámbitos.
xoves, 3 mar 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto co artista e distintos concelleiros e personalidades artísticas inauguraron este xoves unha nova edición de Mostrarte. O traballo deste vigués, cunha obra na que predominan os grises e negros, leva o sentido do abstracto aos maiores niveis. Co permiso do autor, Caballero dedicou esta exposición ao político progresista, recentemente falecido, Enrique Curiel, tamén vigués.
xoves, 3 mar 2011
O Concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este xoves a estrea da obra "Mundo Lois", que terá lugar mañá, 4 de marzo, no Auditorio Municipal ás 22 horas. O concelleiro nacionalista destacou a importancia que terá este acto no marco da programación estable de artes escénicas da Concellería de Cultura e a dedicación do Día das Letras Galegas ao escritor Lois Pereiro, no obxectivo de difundir a súa obra.
xoves, 3 mar 2011
O Concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este xoves unha nova edición do Memorial Francisco Castro de atletismo en pista, que se celebrará o vindeiro domingo, 6 de marzo, no estadio municipal de atletismo de Balaídos a partir das 11 horas. Asegurou que nesta 26 edición, a proba reunirá a máis de 300 atletas nas diferentes categorías.