Escoitar

Caballero comprométese a "cooperar na procura do financiamento" necesario para rematar o centro de Alento en Navia

O alcalde de Vigo asegurou hoxe xoves que a sede que ultima a entidade en Navia será "excepcional" e convertirase "nun dos grandes centros españois de atención aos danados cerebrais graves". O Concello cedeu os terreos para a súa construción pero precisan de medio millón de euros para concluir, aproximadamente nun mes, cos traballos. Caballero comprometeuse a cooperar para conseguir os fondos.

xoves, 3 mar 2011
1299160505alento.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeuse este xoves a "cooperar na procura do financiamento" necesario para concluir os traballos de edificación da nova sede de Alento en Navia.

O socialista indicou que a entidade estima en medio millón de euros o investimento necesario para concluir e comezar a operar na nova localización, aproximadamente dentro dun mes, que operará tanto como centro de día como residencia permanente. A sede anterior, en García Barbón, presentaba instalacións en condicións "moi deficientes", segundo explicou.

Abel Caballero recordou que o Concello de Vigo cedeu os terreos para a construción en Navia e tanto a Consellería de Traballo como o Ministerio de Sanidade concederon subvencións para a súa edificación.

"Vai ser un dos grandes centros españois de atención aos danados cerebrais graves", apuntou o rexedor vigués, que cualificou a nova obra de Alento de "excepcional".
Descargar todas as imaxes