O Concello reclama 100 millóns á Deputación "pola falta de investimento" en Vigo desde 2008
O goberno local deu luz verde na sesión plenaria deste luns -coa oposión do PP- á moción presentada polos socialistas reclamando ao ente provincial a recoñecer a súa "débeda" con Vigo pola "falta de investimento" na urbe nos catro últimos exercizos. Ademais, pide da Deputación que inicie os traballos de construción do chamado Colexio Alemán e que convoque o Comité Técnico constituído en novembro pasado sobre o aeroporto de Vigo.
A moción indica que a Deputación de Pontevedra non atendeu aos tres requerimentos plenarios aprobados en sesións anteriores do Concello vigués, e o goberno local volveu pedirlle hoxe que invista en Vigo acorde ao peso da primeira urbe de Galicia en termos de poboación, un 35%.
O texto aprobado acusa á Deputación de Pontevedra de "discriminación" a cidadanía de Vigo "por motivos partidistas", e recorda que non comezou a edificar o coñecido como Colexio Alemán, en Coia, nin existen resultados no Comité Técnico convocado en novembro pasado para estudar a situación do aeroporto de Vigo, o único da provincia.