Escoitar

Programa de actividades da exposición "Vigo S. XIX: o nacemento dunha cidade"

O Museo "Quiñones de León" programa actividades didácticas da exposición "Vigo século XIX.O Nacemento dunha cidade" que comezarán o príximo 5 de marzo ata o 28 do mesmo mes. O programa didáctico da exposición está dirixido a todos os públicos e ten carácter gratuíto.

martes, 1 mar 2011
1298987358castrelos.jpg.JPG
O programa consta de diversas actividades, xa sexa con escolares, en familia ou de forma individual, xa que ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas sen reserva, ou con reserva previa se quere ir en grupo, e, ademais, conta cun programa específico de visitas para escolares.

Exposición

A exposición internase no Vigo do século XIX, o Vigo que puxo os cimentos para todo o desenvolvemento da cidade no século posterior.O eixo central da exposición é o Salón de Próceres, no que se exhibe a recén restaurada galería de retratos históricos do museo, con nomes como José Elduayen, Angel Urzáiz, García Barbón e Policarpo Sanz, entre outros. A mostra viaxa dende a Reconquista ata a conmemoración do primeiro centenario da cidade, en 1909, para rematar avanzando o que estaba por vir no século XX.

A mostra esta integrada por aproximadamente 110 pezas, entre obras de arte, fondos documentais e obxectos curiosos e de grande interese; testemuñas todas das importantes transformacións urbanísticas, económicas e culturais que converteron esta cidade na que hoxe coñecemos.

Visitas guiadas

Este programa inclúe dous visitas guiadas diferentes que ven se poden facer conxuntamente no mesmo día ou de forma independente.

visitas guiadas á exposición

Consiste nun recorrido pola exposición en compañía du/unha guía experto/a, onde se trata de presentar de xeito ameno os contidos nela expostos.

As visitas poden facerse en grupo ou de forma individual nos horarios que se expoñen abaixo.

● Horarios:
■ Xeral. Sábados ás 18:30 h. Sen reserva.
■ Grupos. Consultar horarios. Previa reserva.
● Duración da visita guiada: 50 - 60 min
● Idades dos/as participantes: Non hai límites de idade. Os menores deben ir sempre acompañados dun adulto

visitas guiadas ao cemiterio de Pereiró

Consiste nun percorrido polo cemiterio de Pereiró, coma monumento histórico e artístico, onde se fará un achegamento a historia dalgúns dos personaxes protagonistas do Vigo do S.XIX que teñen sepultura neste cemiterio, coma son o Marqués de Alcedo, Policarpo Sanz, Concepción Arenal, García Barbón ou José Elduayen, entre outros.


● Horarios:
■ Xeral. Sábados ás 17:00 h. Sen reserva.
■ Grupos. Consultar horarios. Previa reserva.
● Duración da visita guiada: 40 – 50 min
● Idades dos/as participantes: Non hai límites de idade. Os menores deben ir sempre acompañados dun adulto

Programa para escolares

Con este programa trátase de conseguir que para os escolares a experiencia na exposición sexa un entretemento educativo, memorable e repetible.

Este programa inclúe a realización dunha visita guiada pola exposición e un obradoiro (opcional), onde os rapaces realizarán distintas actividades dependendo da etapa educativa na que se atopen.

● Horarios:
■De martes a venres. Previa reserva.
● Duración: 90 min
● Idades dos/as participantes: de 3 a 18 anos
● Número máximo de participantes: 50


Información e reservas nos teléfonos:
986 29 50 70 / 986 29 50 75
Horario: de martes a venres de 11 a 14 horas



Descargar todas as imaxes