O tenente de alcalde presenta o novo autobús turístico promocional de Vigo, que percorrerá 27 cidades ata maio
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este martes a nova "unidade móbil turística de Vigo", que dende a súa primeira parada en Pontevedra percorrerá ata maio un total de 27 cidades baixo o lema "Velo para querelo". O nacionalista destacou que é unha nova acción do Plan de Competitividade Turística de Vigo, que xa ten posto en marcha outras importantes iniciativas como a estrea do documental "Novo Vigo Vello", e complementa outas accións como a creación do Vigo Convention Bureau, que está captando novos congresos para a cidade.
Santi Domínguez afirmou que a promoción da cidade ten sido "un dos eixos fundamentais" da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo dende a chegada ao goberno municipal, hai case catro anos. Asegurou que ademais de poñer en marcha "ferramentas importantes" tamén se teñen desenvolvido campañas promocionais en colaboración co sector de hostelería da cidade. "Agora imos seguir traballando coa presenza desta unidade móbil en diferentes cidade", salientou.
O tenente de alcalde explicou que no autobús, as persoas interesadas poderán atopar todo tipo de información sobre a cidade, "a mesma que a que se atopa no Centro de Recepción de Visitantes". Respecto aos lugares que percorrerá, sinalou que iniciará a súa andaina visitando Pontevedra, Ourense, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo, para despois sair cara a Oviedo e Xixón, Santander, Bilbao, San Sebastián e Vitoria, Valladolid, Salamanca e Zamora e rematar no Norte de Portugal nun pecorrido por Chaves, Braganza Vila Real, Porto, Vila Nova de Gaia, Matosinhos, Guimares, Braga e Viana do Castelo.
O nacionalista amosouse "tremendamente satisfeito por levar o nome de Vigo por estas cidades" e agradeceu a colaboración da delegada territorial da Xunta para poñer en marcha o Plan de Competitividade Turística de Vigo, que financian o Concello, a Xunta e Turespaña. Neste sentido, Lucía Molares expresou a súa satisfacción por esta colaboración, que permite "promocionar Vigo no exterior, para que máis xente veña a cidade".
Descargar todas as imaxes