Eloymar Tranvías fai entrega ao alcalde dunha sección da vía do antigo tranvía de Policarpo Sanz

Responsables da antiga Tranvías Eléctricos fixeron este martes entrega ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, dunha sección transversal da vía do antigo tranvía que circulaba por Policarpo Sanz, atopada na recente humanización desta Avenida e construción do aparcamento soterrado. Explicou Caballero que a vía data de cen anos atrás e é un "símbolo do progreso da cidade".

martes, 1 mar 2011
1298986743tranvia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibíu hoxe martes de mans dos responsables de Eloymar Tranvías, antigamente Tranvías Eléctricos, unha sección transversal da vía do tranvía que circulaba por Policarpo Sanz.

A empresa rescatou esta peza durante os traballos de construción do aparcadoiro soterrado e posterior humanización da Avenida, un "símbolo do progreso desta cidade" que data de 1912, segundo aseverou Caballero.

A modo de anécdota, afirmou o alcalde que o anagrama da empresa -que data dos anos 30- foi deseñado por Martínez Garrido, posterior alcalde de Vigo fusilado polos franquistas no 36, e inclue as cores da bandeira republicana, que mantivéronse durante os corenta anos de dictadura.
Descargar todas as imaxes