Xabier Alonso anuncia que os prezos da Copa do Rei de Balonmán serán asequibles e con descontos para os Siareiros
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe os prezos para a Copa do Rei de balonmán, que se disputará do 6 ao 10 de abril no pavillón das Travesas. A venda de localidades porase en marcha o vindeiro luns, 7 de marzo e segundo afirmou o concellerio nacionalista, serán prezos "asequibles para o público en xeral" con descontos para os Siareiros. Barcelona Borges, defensor do título, o vigués Academia Octavio, Reale Ademar de León, Cuatro Rayas Valladolid, CAI Aragón, Fraikin Granollers, Amaya Sport San Antonio e Renovalia Ciudad Real serán os participantes.
Como na Copa Asobal, o Concello quixo premiar a fidelidade dos afeccionados Siareiros e estes terán un desconto en entradas e bonos respecto ao público en xeral. "É o mellor balonmán do mundo, pero neste tempo de crise decidimos establecer uns prezos razoables", dixo o concelleiro, que sinalou que o desconto para Siareiros será de 5 euros sobre o prezo de calquera entrada de público en xeral.
Para poder seguir as catro xornadas de competición o Concello porá á venda dende o luns abonos adultos (45 euros para Siareiros e 50 euros para público en xeral) e infantís/xubilados (25 euros para o siareiro, 30 euros para os que non o son). A xornada 2 de cuartos de final, co partido do Octavio contra o Valladolid (21:00 horas) e o Barcelona Borges-Ademar León (19:00) custará 15 euros para o adulto en xeral e 10 para o siareiro adulto; o infantil xubilado, 10 euros se non ten o carné siareiros e 5 se é socio. "Como na Copa Asobal, quixemos premiar o esforzo do Siareiro toda a tempada", sostivo o concelleiro nacionalista.
Pola súa banda, Javier Rodríguez, presidente do Academia Octavio, lembrou que haberá 21 medallistas do último Mundial sobre o parqué do Central e que "os prezos son un 20% máis baratos que os da edición de 2009 e un 10% máis económicos sobre Granollers 2009". Ademais, puxo especial énfase en "que non lle pase aos afeccionados de Vigo como na Copa Asobal, cando os seguidores leoneses e vallisoletanos adiantáronse mercando entradas e moitos vigueses quedaron fóra. Na final faltounos a afección de Valladolid e León pero vendéramos todo o aforamento".
As entradas poderán mercarse a partires do luns na web www.servinova.es ou por teléfono (986 11 05 00 e 902 504 500).
Descargar todas as imaxes