Escoitar
Cultura e Animación Sociocultural

Entroido 2011<br /> BANDO

Co gallo das actividades programadas para o Entroido 2011 que terá lugar en Vigo do 4 ao 9 de marzo adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade:

venres, 4 mar 2011
1299244411entroido1.jpg
-Sábado, 5 de marzo:
Con motivo dos actos programados para o Entroido 2011, que afectarán principalmente as rúas García Barbón, Policarpo Sánz, Porta do Sol e Paseo de Afonso XII, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e cortes de tráfico:
CONCURSO DE COMPARSAS:
Percorrido: rúas García Barbón (dende a rotonda de Isaac Peral, Policarpo Sanz e Porta do Sol (remate).
Hora de saída: 18,00 horas
Quedarán cortadas ao tráfico as rúas do percorrido.

Desviacións:
Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido das comparsas non poderán facelo dende as horas establecidas.
Queda pechado as tráfico o acceso dende a rúa López de Neira por Doutor Cadaval, non se poderá saír á Porta do Sol.
Recoméndase ós vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa A Coruña, praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario.
Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Afonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa Cervantes.
Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzaiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.
Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Afonso XIII e García Barbón desviaranse no cruzamento da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.
Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.
Ós vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar terán que xirar na rotonda de San Lourenzo.
Os vehículos que circulen pola rúa Areal desviaranse pola rúa Oporto e rotonda da Paelleira.
Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

Peches de tráfico
Os cortes produciranse en:
García Barbón-Sanjurjo Badía.
Saída da autoestrada a Isaac Peral
Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón.
Rúa Areal-Serafín Avendaño
Rúa Colón-Marqués de Valladares
Paseo de Afonso II
López de Neira-Doutor Cadaval
Afonso XIII-Cervantes
Urzáiz-Lepanto
Urzaiz-México
Urzaiz-Vázquez Varela
Canceleiro-Rosalía de Castro
O Porto-Rosalía de Castro
República Arxentina-Uruguai

As únicas entrada e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-zona praza de Compostela e Beiramar terán que ser pola rotonda de Julián Estévez e pola rúa A Coruña.
Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás a quen teña o seu destino nela ou as/aos usuarios da autoestrada.

VERBENA:
Lugar: Porta do Sol
Hora: A partir das 22,00 horas
Cortaranse as rúas doutor Cadaval dende López de Neira ás 20:30 horas. Así como a rúa Policarpo Sanz desde o cruzamento de Colón, e máis o Paseo de Afonso XII, permitirase unicamente o paso do transporte público. Ás 22:00 horas péchase definitivamente o tráfico.

Domingo 6 de marzo:
ENTROIDO INFANTIL
Lugar: praza de Compostela.
Cortarase o acceso a esta, a partir das 17:00 horas, dende a rúa Vitoria - Carral, Velázquez Moreno - Marqués de Valladares e dende o cruzamento Colón - Areal.

Martes 8 de marzo:
CONCURSO DE DISFRACES
Lugar: praza de Compostela. O mesmo corte e horario có domingo día 6.
VERBENA.-
O mesmo corte e horarios có sábado para VERBENA

Mércores 9 de marzo:
EXEQUIAS FUNERARIAS SOLEMNES DAS COMPARSAS
Percorrido: praza da Constitución, Porta do Sol, rúa Príncipe, rúa Colón e rúa Policarpo Sanz, Porta do Sol (remate).
Horario de cortes de tráfico: a partir das 18,00 horas.
Peches de tráfico
Os cortes produciranse en:
rúa Colón-Marqués de Valladares
paseo de Afonso XII
García Barbón con República Arxentina
Reconquista – Marqués de Valladares
Urzáiz-República Arxentina
López de Neira-Doutor Cadaval
Ademais do antedito, en diversos momentos dos días de celebración, realizaranse cortes de tráfico puntuais para permitir o paso das animacións de rúa que acompañan a celebración.


O alcalde,

Abel Caballero Álvarez
Descargar todas as imaxes