Escoitar

Abel Caballero subliña que as prazas nas escolas infantís municipais "prácticamente duplícanse" na oferta do próximo curso

Segundo informou o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou este luns as bases para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais, que no próximo curso inclúen tres novos centros para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. Coa incorporación de Tomás Alonso, Casiano Martínez e Mestres Goldar, as prazas pasarán das 328 actuais as 588 do 2011-2012. O prazo estará aberto do 14 deste mes ao 14 de abril.

luns, 7 mar 2011
1299505622Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que as prazas nas escolas infantís municipais "prácticamente duplícanse" con respecto á oferta deste ano, pasando de 328 a un total de 588.

En rolda de prensa, o rexedor informou da aprobación en Xunta de Goberno Local das normas para a adxudicación de prazas nos centros municipais para nenos e nenas de entre 0 a 3 anos, que inclúen as novas escolas de Tomás Alonso, Casiano Martínez e Mestres Goldar, sumando 260 novas prazas ás 328 actuais que ofrecen Santa Cristina de Lavadores, Atalaia de Teis, Costeira de Saiáns e Santa Marta no Casco Vello.

As tres novas que impulsa o goberno local xa están incorporadas á oferta de prazas para o próximo curso, que abrirase este 14 de marzo e concluirá o 14 de abril. Abel Caballero salientou o "nivel de subvención moi elevado" que requiren cada unha destas escolas, que cifrou nuns 250.000 euros anuais por centro.

Centro de Saúde de Teis
Outro acordo adoptado este luns polo goberno local foi proceder ao acondicionamento da zona verde próxima ao Centro de Saúde de Teis, que atópase en "estado lamentable", segundo apuntou o rexedor vigués.

O goberno local atende así á demanda plantexada pola veciñanza da zona, investindo ao efecto 40.000 euros que se suman ao orzamentado para a humanización da Avenida de Galicia, ata a chegada ao edificio sanitario.
Descargar todas as imaxes