Iolanda Veloso destaca a importancia de reivindicar os dereitos das mulleres nunha época de crise como a actual
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns as actividades que terán con motivo do Día Internacional da Muller, que comezarán mañá 8 de marzo coa celebración dunha sesión plenaria específica ás 10 horas e a manifestación organizada pola Marcha Mundial das Mulleres ás 20 horas. A concelleira nacionalista salientou a importancia de reivindicar os dereitos das mulleres "nunha época de crise tan complicada como a actual", tal e como pon de manifesto o lema da convocatoria deste ano "Dereitos das mulleres e revolucion creactiva".
"O programa elaborado é unha proposta moi ampla, aberta e participativa", destacou Iolanda Veloso. A nacionalista explicou ao respecto que o Consello Municipal da Muller, integrada por 23 entidades da cidade, creou unha comisión encargada precisamente de organizar os actos conmemorativos, nos que a reivindicación dos dereitos das mulleres é un obxectivo prioritario. Lembrou que orixinalmente o 8 de marzo conmemoraba o Día Internacional da Muller Traballadora, que posteriormente deu paso ao Día Internacional da Muller.
Segundo a concelleira de Igualdade, no contexto de crise actual, é preciso recoller tamén as reivindicacións laborais, posto que as mulleres son as grandes prexudicadas polos recortes acometidos por algunhas administracións. "Nestes momentos é cando máis reivindicativas temos que ser", asegurou. Iolanda Veloso agradeceu "a colaboración de todas as persoas e entidades que fixeron posible a organización das actividades" e fixo un chamamento á participación de toda a cidadanía.
A representante da Asociciación Dorna, Aurita González explicou que debido á coincidencia do 8 de marzo co martes de Entroido, boa parte dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller celebraranse o domingo 13 de marzo na praza 8 de Marzo. Sinalou que de xeito ininterrompido de 11:30 a 20:30 horas desenvolverase unha completa programación que persegue a participación activa das persoas que asistan. O público poderá contribuír, coas súas mensaxes, á elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados relativos á situación da muller. Ademais, dende ás 12 horas haberá obradoiros infantís, que incluirán contacontos, xogos creativos e reparto de agasallos.
A ambientación musical e teatral prevista durante todo o día realizarase no interior dunha carpa instalada na praza. Ás 11:30 horas actuará o grupo "Cantareiras do Alba", do C.C.A.R de Valadares, e ás 12:45 horas terá lugar a representación teatral "As grandes mulleres da historia visitan Vigo", a cargo de alumnas do IES "Ribeira do Louro" do Porriño. Pola súa parte, ás 13:30 horas, dará comezo a actuación do dúo "A-dúas", integrado polas violinistas Laura e Marina Quintillán. Pola tarde, ás 17 horas, representarase a obra "Vanesa non quere ser princesa", a cargo de Xerpo Cultural. Ás 18 horas comezará a perfomance "Outro paso máis", que porán en escena alumnas da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática). Ás 19 horas está previsa a lectura do Manifesto do Consello Municipal da Muller co gallo do 8 de Marzo e ás 19.30 horas as actrices Clara Gayo e Iria Piñeiro ofrecerán o espectáculo "Área de Descanso".
A representante do sindicato Estela, Trini Pérez, explicou que ao longo de todo o mes de marzo o programa inclúe múltiples actividades, como exposicións, ciclo de cinema infantil, concurso de fotografía dixital e microvídeos e proxeccións de documentais. Ata o domingo 20 de marzo permañecerá aberta na Casa das Artes a exposición "Vermellas. Chamábanlles Rojas". A mostra pon nome e rostro ás mulleres represaliadas en Galicia tras o golpe de estado de 1936. Conta con abundante documentación literaria, ademais de fotografías e material audiovisual.
Outra das actividades previstas é un Ciclo de cinema infantil, no Verbum-Casa das Palabras. O sábado 19 de marzo ás 17.30 horas terá lugar a proxección "A Estrela de Laura" e o sábado 26 de marzo, tamén ás 17.30 horas, proxectarase "Mulán". Por outra parte, o Marco será escenario da presentación de dous proxectos: O martes,15 de marzo ás 19 horas presentarase o Proxecto Bata, realizado polo alumnado do IES Alexandre Bóveda e galardoado co Premio Irene do Ministerio de Educación, e o martes, 22 de marzo ás 19 horas será a presentación do documental "Digna Rabia", da Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas.
Ao longo do mes de marzo tamén poderán presentarse vía on-line as propostas ao Concurso de fotografía dixital e microvídeos que organiza a Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller. Este concurso ten o obxectivo de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como para servir de canle para amosar as achegas que ao longo da historia fixeron e fan as mulleres, ben de xeito individual ou colectiva.
Descargar todas as imaxes