Escoitar

Urbanismo aproba mañá xoves as bases para solicitar un dos 35 pisos municipais en aluguer de Navia

O alcalde, Abel Caballero, avanzou este mércores que Urbanismo dará mañá luz verde ás bases que regularán a saída en aluguer de 35 pisos municipais en Navia, con prezos entre 116 e 166 euros. A inscripción estará aberta 45 días desde a publicación da resolución no BOP. O goberno local destinará 7 para situacións de emerxencia social -xestionados pola Concellería de Benestar Social-, 6 para persoas de mobilidade reducida, 13 para persoas con ingresos inferiores ao 1,5 do valor do IPREM e as 9 restantes para vigueses cunha renda entre o 1,5 e o 2,5 do devandito índice.

mércores, 9 mar 2011
1299677582Imagen004.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe que mañá xoves o Consello da Xerencia municipal de Urbanismo aprobará as bases para adxudicar as 35 vivendas que o Concello pon en aluguer en Navia.

Das 35 vivendas, un total de 7 serán xestionadas pola Concellería municipal de Benestar para situacións de emerxencia social, 6 serán para persoas de mobilidade reducida, 13 para aqueles con ingresos inferiores ao 1,5 do valor do IPREM e as 9 restantes para vigueses cunha renda entre o 1,5 e o 2,5 do devandito índice.

O alcalde anunciou a saída a concurso dos pisos municipais en Navia, con prezos que oscilarán entre os 116 e os 166 euros ao mes e tamaños entre 80 e 90 metros cadrados.

Prazos
Unha vez aprobado na Xerencia de Urbanismo deste xoves, a resolución deberá ser publicada no Boletín Oficial da Provincia. A partir de entón, o goberno local abrirá o prazo de inscripción -a finais de marzo, estimou Caballero- que alongarase 45 días para posteriormente adxudicar as vivendas.
Descargar todas as imaxes