A Orquestra Xovigo protagoniza mañá sábado a estrea mundial de "Adagio para orquestra", do galego Fernando Buide
A Orquestra Xovigo, impulsada pola Tenencia de Alcaldía, a Concellería de Cultura e a Asociación Galega da Música para potenciar aos novos valores musicais vigueses, comezará este fin de semana a súa andaina coa estrea mundial da obra "Adagio para Orquestra", do compositor galego Fernando Buide. Os concertos terán lugar mañá e o domingo, ás 20.30 horas, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
A orquestra, dirixida por Diego García e co pianista Javier Otero como solista convidado, interpretará tamén na primeira parte do concerto a obra "Rhapsody in blue". A segunda parte estará integrada por unha selección de danzas dos compositores Brahms e Dvorak. Segundo o director, tentouse facer un programa "fresco, dinámico e distinto do que estamos acostumados a escoitar".
O proxecto musical Xovigo, integrado pola orquestra e o coro, está dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 25 anos. Ten por obxectivo poñer en valor o talento dos novos músicos da cidade. Para acadalo conta con Roberto Relova como director artístico da orquestra e ex director do Conservatorio Superior de Música, Diego García como director musical da orquestra, e Oscar Villar, director musical e artístico do coro.