Escoitar

Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 14 DE MARZO DE 2011.

venres, 11 mar 2011
1.- Acta da sesión ordinaria do 4 de marzo de 2011.

BENESTAR SOCIAL
2.- Proxecto de convenio coa Fundación Menela, para o financiamento dun programa de "Respiro Familiar" dirixido a familias ou coidadores habituais de persoas discapacitadas. Expte. 59250/301.

3.- Contratación do servizo de vixilancia de CEDRO e as UBAS de Benestar Social, cos pregos de prescripcións técnicas particulares e o de cláusulas administrativas. Aprobación do gasto. Expte. 56120/301.

CONTRATACION
4.- Cesión a favor da sociedade APARCAMIENTOS IC GOMEZ ULLA S.L., da concesión administrativa para a construción e explotación dos aparcadoiros subterráneos no Prza. Fernando el Católico, Venezuela e rúa Coruña. Expte. 19083/240.

5.- Aprobación inicial do prego de cláusulas administrativas que rexerá a concesión da xestión e explotación do aparcadoiro e locais comerciais no subsolo da Prza. Francisco Fernández del Riego. Expte. 3564/241.

6.- Revisión de prezos do contrato de servizo de mantemento das instalacións de alumeado público. Expte. 19087/240.

7.- Recoñecemento de crédito a Linorsa por prestación do servizo de limpeza de dependencias municipais. Expte. 19135/240.

8.- Revisión de tarifas do aparcadoiro subterráneo de Zaragoza-Valle Inclán. Expte. 19127/240.

9.- Revisión de tarifas do apardoiro subterráneo de Policarpo Sanz. Expte. 19130/240.

10.- Adxudicación da contratación do subministro de enerxía eléctrica. Expte. 13404/444.

11.- Devolución de garantía a D. Domingo Piñeiro Cubelo, pola finalización da concesión da cafetería mirador El Castro. Expte. 19138/240.

DEPORTES
12.- Proxecto de convenio coa entidade deportiva Club Deportivo AMFIV para o proxecto de actividades do equipo de élite da entidade da categoría Nacional Absoluta de Baloncesto en cadeira de rodas na tempada 2010/2011. Expte. 10316/333.

13.- Autorización carreira 10 Km Cidade Universitaria, para o vindeiro 27.03.2011. Expte. 10276/333.

14.- Autorización a AA.VV. de San Poulo, a organizar o día 27.03.2011 a I marcha ciclista AGARIMO SAN XOAN POULO. Expte. 10315/333.

15.- Concesión dunha subvención a favor da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) co obxecto de coadxuvar ao financiamento desta Fundación para a execución do proxecto de promoción do deporte vigués a realizar pola Fundación durante o ano 2011. Expte. 10314/333.

LIMPEZA
16.- Indemnización substitutiva pola prestación efectiva do servizo de xestión dos residuos voluminosos por parte da mercantil TOCA Y SALGADO S.L. Expte. 2907/252.

MOBILIDADE, SEGURIDADE E TRANSPORTES
17.- Modificación de tarifas consecuencia da nova tarificación operada pola Lei 44/2006. Expte. 74421/421.

RECURSOS HUMANOS
18.- Concesión de axudas especiais con cargo ao Fondo de Acción Social. Expte. 21852/220.

19.- Reclamación en vía administrativa por Dª Belén Pérez Freire en concepto de diferencias salariais. Expte. 21866/220.

20.- Solicitude de abono complemento de produtividade a capataces, vixiantes instalacións municipais e inspectores. Expte. 21841/220.

21.- Dar conta da resolución sobre aboamento de trienios a Dª Maria Xosé Porteiro Garcia. Expte. 21867/220.

URBANISMO
22.- Subsanación de omisión nos Estatutos e Bases de actuación da Xunta de Compensación da AOD A-2-29 PISTA. Expte. 4987/401.

VERBUM
23.- Proxecto de convenio marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e o museo Verbum-Casa das Palabras. Expte. 1632/340.

VIAS E OBRAS
24.- Devolución de fianza a favor de Exconsa S.L. por permiso de paso de camións na rúa Principe, 53. Expte. 62759/250.

25.- Devolución de fianza a favor de Exconsa S.L. por permiso de paso de camións na Prza. De Compostela, 1. Expte. 62736/250.

26.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 14 de marzo de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo,10 de marzo de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.