O alcalde ofrece o apoio municipal e estatal aos procesos de I+D+i nas empresas de automoción de Vigo
Abel Caballero visitou este venres a factoría viguesa de Aludec Ibérica, que fabrica os emblemas de marcas como Rolls Royce ou Porsche, entre outras, e emprega a 250 persoas, o 60% mulleres. O alcalde ofreceu o respaldo institucional do Concello e do Goberno de España para os procesos de I+D+i que implemente a industria da automoción e subliñou que, en liñas xerais, este ámbito económico na cidade "está a aguantar a crise francamente ben".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este venres o apoio dos gobernos de Vigo e de España para os procesos de I+D+i que implemente o sector da automoción viguesa.
Así o manifestou tras visitar a factoría viguesa de Aludec Ibérica, empresa que fabrica os emblemas de BMW, Porsche o Rolls Royce para todo o mundo e emprega na cidade a 250 persoas, das que o 60% son mulleres. Caballero salientou o seu "proceso de fabricación de calidade excepcional" e indicou que a facturación da compañía ascende a 32 millóns de euros.
O alcalde vigués -o primeiro en visitar a fábrica, segundo comentaron os seus responsables- puxo en valor que "o sector da automoción viguesa está a aguantar a crise francamente ben", despois de visitar cinco das principais marcas, o que consiguen mediante a diversificación e a internacionalización do seu negocio.
"Este é o momento de iniciar procesos de I+D", aseverou o rexedor, quen ofeceu o respaldo municipal e estatal para as actividades de innovación que leven adiante. Caballero avanzou que continuará coa interlocución coas empresas do automóbil da cidade.
Descargar todas as imaxes