Escoitar

O programa da Concellería de Medioambiente "Vigo Camiño a Camiño" completou onte domingo a senda íntegra da auga

A iniciativa da Concellería de Medioambiente que dirixe a socialista Chus Lago completou onte domingo a senda de auga, con máis de 450 persoas inscritas. Os 12 quilómetros entre Pazos de Borbés e o encoro de Eiras finalizou co trazado iniciado nos dous domingos anteriores de 42 quilómetros. Trátase da primeira vez que o programa "Vigo Camiño a Camiño" percorre íntegra esta senda da auga.

luns, 14 mar 2011
1300110003rutas.jpg
Máis de 450 persoas inscribíronse para participar onte domingo na terceira e última etapa da senda da auga do "Vigo Camiño a Camiño", programada pola Concellería de Medioambiente que dirixe Chus Lago.

Os doce quilómetros percorridos onte polos participantes entre Pazos de Borbén e o encoro de Eiras puxeron o punto final aos 43 do total do percorrido. O traxecto completouse en tres domingos, con etapas de 16,5 quilómetros, 13,5 e 12 quiómetros respectivamente.

En anteriores edicións, os participantes poideron percorrer o tramo inicial da senda da auga, en combinación coa ruta ao Monte Vixiador, pero por primeira vez a Concellería inclúe no seu programa a ruta completa dende as instalacións de Aqualia na rúa Cantabria ata o encoro de Eiras; partindo do Concello de Vigo e atravesando os de de Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior, para finalizar no propio encoro en Fornelos de Montes.

Dada a pendente media do 1% na maoría da ruta, fíxose moi axeitada para todo tipo de persoas, pois a intensidade é baixa durante todo o percorrido, aportando a sensación de que "non ten pendente". Salvo algún tramo de unión, onde a antiga traída de augas desaparece, case todo o percorrido é apto para persoas con movilidade reducida.

Destacar ademáis desta senda as fermosas e contínuas vistas da ría de Vigo dende moitos puntos de vista e alturas diferentes, que sorprederon aos camiñantes durante todo o percorrido.

Foxo do Lobo
O próximo domingo terá lugar otra das novidades programadas polo departamento municipal para esta primavera, desta volta a ruta ao Foxo do Lobo na Serra do Suído, previa inscripción no teléfono municipal gratuíto 010.

A senda aportará aos vigueses e viguesas moitísimas novidades sobre a conservación e perigo de extinción do lobo gris na Península Ibérica. Esta actividade de educación ambiental conxunta entre Vigozoo e o departamento de Medio Ambiente, aportará aos participantes unha visión diferente do lobo, informando sobre a estimación de manadas actuais (350 entre España e Portugal), os diferentes grados de protección nas Comunidades Autónomas (en Galicia aínda está permitida a súa caza), o elevado número de especies desaparecidas no mundo no pasado século, e para os máis pequenos o departamento de educación de Vigozoo ten preparados os contos de "Carapuchiña vermella" e os "tres porquiños" contados dende a visión do outro protagonista do conto: o lobo.
Descargar todas as imaxes