Escoitar

Os comerciantes instan ao tenente de alcalde a continuar avanzando na recuperación e dinamización do Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, percorreu hoxe varios establecementos do Casco Vello para coñecer de primeira man as demandas e suxestións dos comerciantes. O nacionalista explicou que a principal preocupación que lle transmiten é as dificultades que atravesan pola mala situación económica e pedíronlle que continúe traballando na recuperación e dinamización do barrio porque considera que ese labor vai ser fundamental para que eles podan levan mellor a crise.

luns, 14 mar 2011
1300110274comerciantes.jpg
Os propietarios dos locais que visitou hoxe o tenente de alcalde coincidiron en salientar que a transformación que se deu nestes anos no barrio histórico é moi importante, aínda que piden, segundo explicou, que non se pare "porque din que iso axudará a traer xente ao Casco Vello e iso será bo para o comercio".

A visita que realizou hoxe ao Casco Vello enmárcase na rolda de está realizando polas diferentes zonas comerciais da cidade. O nacionalista quixo tamén agradecer os comerciantes o traballo que están a desenvolver pola cidade e "animalos, porque non estamos nunha época boa para o comercio". Santi Domínguez manifestoulle aos comerciantes que "imos seguir co apoio que hai catro anos iniciamos de apoio ao pequeno e mediano comercio da cidade". Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio destinaron só nos dous últimos anos 2,4 millóns de euros a axudas directas e fomento do consumo no pequeno e mediano comercio.
Descargar todas as imaxes