mércores, 16 mar 2011
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, convocaron este mércores aos directores dos centros educativos de secundaria de Vigo para informarlles da nova convocatoria municipal aberta do Programa de Inmersión Lingüísitica en Inglés para 2011, que levará a 290 escolares de 3º de Secundaria a estudar en inglés ao Reino Unido.
mércores, 16 mar 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe a rúa Real, unha das 38 rúas e prazas que ao longo deste mandato se renovaron no Casco Vello, no que cualificou como "a maior actuación de mellora do entramado viario do barrio na súa historia". Aínda que a transformación que se deu nestes anos é "un feito", dixo que hai que seguir traballando para completar un proceso polo que garantiu que os nacionalistas van seguir apostando. O nacionalista quixo agradecer especialmente a "paciencia" e "colaboración" veciñal para poder desenvolver as obras nesta rúa e no resto do barrio.
mércores, 16 mar 2011
Un servizo de bicicletas eléctricas contribuirá no prazo dun mes e medio á mellorar a mobilidade do Casco Vello, como un paso máis na aposta pola recueperación do barrio, segundo asegurou hoxe o tenente de alcalde na súa presentación. Santi Domínguez explicou que, nunha primeira fase, o servizo operará con 8 bicicletas, cunha autonomía de 60 kilómetros, e que se poderán utilizar durante dúas horas por só un euro. Este servizo completarase co bus eléctrico, cuxa infraestrutura estase acabando de instalar nestas semanas.
mércores, 16 mar 2011
Vigozoo abre o prazo de inscrición nun curso de carácter divulgativo no que se pretende dar unha imaxe xeral da situación actual da xestión e conservación da flora e fauna na Comunidade Galega en particular, e na Península Ibérica en xeral.
mércores, 16 mar 2011
O 17 de marzo ás 19:00 h. terá lugar a presentación do libro "22 documentos do feminismo galego" no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Acto organizado pola Fundación Galiza Sempre en colaboración coa concellería de Igualdade. No acto contarase coa presenza de Xabier Macías, director da Fundación Galiza Sempre; Vitoria Iglesias, Marcha Mundial das Mulleres e Iolanda Veloso, Concelleira de Igualdade.