Escoitar

O tenente de alcalde entregou os diplomas aos nenos e nenas gañadores do concurso de debuxo de Vigolandia

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, entregou este martes os diplomas e agasallos aos gañadores e gañadoras do concurso escolar de debuxo de Vigolandia. O nacionalista expresou a súa satisfacción polo incremento de participación nesta edición do concurso, xa que presentaron os seus traballos máis de 1.600 escolares de 20 centros escolares de Vigo, que supón un 28% de participantes máis que o ano pasado.

martes, 15 mar 2011
1300197748Vigolandia.JPG
Santi Domínguez explicou aos rapaces e rapazas asistentes hoxe ao acto que Vigolandia, ademais de servir para "pasalo ben" contribúe a unha "actividade fermosa", xa que a recadación da entrada se reparte a entidades sociais da cidade. Sinalou que este ano recadáronse aproximadamente 24.000 euros, que serán repartidos nas vindeiras datas. "Coa súa participación en Vigolandia, os nenos e nenas están contribuíndo a facerse solidario", asegurou.

O nacionalista animounos a seguir plasmando nos debuxos "os grandes artistas que sodes". Pero tamén os animou a estudar e facer casos ás nais e os pais, sen esquecer que hoxe "na nosa cidade hai nenos e nenas que o pasan mal e familias que teñen dificultades". Agradeceu as empresas colaboradoras que fan posible a celebración de Vigolandia, ao xerente do Ifevi e o seu equipo e aos pais e nais que hoxe acompañaron os seus fillos e fillas.
Descargar todas as imaxes