Escoitar

O Concello de Vigo, implanta a solución LocalGis, como Base de Datos de Elementos Xeoreferenciados.

O Concello de Vigo, ca colaboración do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, mediante as subvencións do Plan Avanza (TSI-050200-2008-60), remata de implantar un Sistema de Información Xeográfica, Localgis 2, que permitirá ter nunha única Base de Datos, todas os elementos de interese situados no territorio do termo municipal.

martes, 15 mar 2011
1314081433xornal_localgis2.jpg
Sistema Localgis 2
Este proxecto, liderado polo Concello de Vigo, e no que participan tamén os Concellos de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, consiste en aplicar ferramentas desenvolvidas pola Administración Xeral do Estado (AGE), adaptándoas para unha maior operatividade as necesidades específicas dos Concellos.

Os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) permiten entre outras cousas: crear mapas de poboación, xestionar recursos, planificar infraestruturas, localizar bens inmobles e propietarios, inventariar o patrimonio,... En definitiva os SIX axudan aos gobernantes e aos técnicos da administración a realizar a toma de decisións estratéxicas e facilitan a distribución máis xusta, equitativa e eficiente dos recursos e do gasto público da Administración.

Para continuar co avance de modernización dos Sistemas de Información do Municipio: infraestruturas, servizos, bens e poboación, é mester contar con sistemas que permita coñecer o estado de devanditos elementos sobre o territorio físico, é dicir, un Sistema de Información Xeográfica, que unifique a información automatizada co territorio municipal.

Localgis servirá como visor e editor da información territorial de todo o Municipio e servirá como motor de cooperación, concorrencia e coordinación entre os distintos departamentos municipais e as empresas concesionarias que operen sobre o territorio: catastro, tributos, estatística, urbanismo, vías e obras, electromecánicos, medio ambiente, concesionarias, operadoras de telecomunicacións, transporte, seguridade, tráfico, policía, laboratorio, parques e xardíns, patrimonio histórico, patrimonio inventario, sanidade, turismo, ....

Mediante este proxecto, unha vez cargada toda a información dos distintos elementos que se atopan no territorio, servirá para que todos ós servizos municipais teñan esta información en liña, o que permitirá, por exemplo, que ante calquera actuación na vía pública, coñecer por onde circulan as liñas de auga, luz, sumidoiros, telefonía, elementos de interese próximos, zonas de protección arqueolóxica, datos do PXOM, licenzas, densidade de poboación, etc.

Este proxecto tamén servirá para a creación de mapas temáticos de uso pola cidadanía desde o portal Web Municipal, con información dos distintos elementos do territorio(Fontes, Hórreos, Cruceiros, Igrexas, ...etc), que se incorporen a Base de Datos. Ademais da situación dos distintos elementos, terase acceso a toda información dos mesmos.
Descargar todas as imaxes