Inauguración da Mostra Itinerante 2011<br /> A arte invade os colexios de Vigo
Comeza unha nova tempada artística nos colexios de Vigo. Este luns 14 de marzo deuse o pistoletazo de saída á Mostra Itinerante 2011, que durante os próximos meses percorrerá 13 colexios da nosa cidade, mostrando a obra de 23 recoñecidos artistas vigueses co propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria.
O acto inaugural tivo lugar no CEIP Balaídos, e contou coa presenza da concelleira de Educación, Laura López Atrio, entre outros representantes políticos e educadores, así como tamén algúns dos artistas participantes.
A referida proposta educativa concreta a dinamización da MOSTRA ITINERANTE 2011 nos propios centros de ensino solicitantes, coa finalidade de traballar a aprendizaxe da comunicación visual e a súa expresión plástica como ferramenta interdisciplinar. A Mostra fai posible que todos os sectores da comunidade educativa teñan un contacto directo coas obras de arte e os seus creadores, e unha participación activa nas visitas guiadas e conferencias impartidas por persoal cualificado no eido artístico-educativo, que se programarán para o seu coñecemento.
Descargar todas as imaxes