luns, 14 mar 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns unha reunión cos organizadores da vixésima edición do Salón do Automóbil de Vigo, que se celebrará no IFEVI do 30 de abril ao 8 de maio, datas nas que "Vigo se convertirá na capital española do automóbil", e incluso "é posible", avanzou Caballero, que o Salón olívico sexa o único de España das características do vigués.
luns, 14 mar 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, percorreu hoxe varios establecementos do Casco Vello para coñecer de primeira man as demandas e suxestións dos comerciantes. O nacionalista explicou que a principal preocupación que lle transmiten é as dificultades que atravesan pola mala situación económica e pedíronlle que continúe traballando na recuperación e dinamización do barrio porque considera que ese labor vai ser fundamental para que eles podan levan mellor a crise.
luns, 14 mar 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local, entre os que atópase a adxudicación a Endesa por dous anos (un máis outro ano prorrogable) do subministro de enerxía para o alumeado público. A empresa plantexou unha oferta á baixa do 8% sobre o prezo de mercado do quilovatio, batindo as presentadas por Iberdrola e Fenosa.
luns, 14 mar 2011
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este luns o Plan Didáctico para o xacemento de O Castro, que dende a súa apertura hai pouco máis dun ano recibiu máis de 30.000 visitas. O nacionalista salientou que esta iniciativa, que dende mañá estará dispoñible na web municipal, supón unha nova etapa de continuidade do proxecto museístico para que tanto os escolares como o público en xeral "teñan a posibilidade de gozar do material".
luns, 14 mar 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este luns balance do dispositivo de frío, aberto o pasado 9 de decembro no pavillón do Berbés, data dende a que rexistrou un total de 2.599 pernoctacións de 147 persoas diferentes. A edil do BNG anunciou ademais a apertura indefinida dun novo piso para mulleres co obxectivo de "dar resposta ás necesidades das mulleres que están na rúa".
luns, 14 mar 2011
A Concellería de Benestar Social presentará no pleno do vindeiro luns unha modificación de crédito de 350.000 para poder adquirir e adaptar os locais nos que se vai abrir un novo Centro Municipal de Servizos Sociais e continuar así achegando os servizos á cidadanía e mellorando a atención social. O centro estará na parroquia de Lavadores e nel habilitaranse novas Unidades de Traballo Social, seguindo co proceso de desdobramento que se ven realizando nas últimas semanas.
luns, 14 mar 2011
A iniciativa da Concellería de Medioambiente que dirixe a socialista Chus Lago completou onte domingo a senda de auga, con máis de 450 persoas inscritas. Os 12 quilómetros entre Pazos de Borbés e o encoro de Eiras finalizou co trazado iniciado nos dous domingos anteriores de 42 quilómetros. Trátase da primeira vez que o programa "Vigo Camiño a Camiño" percorre íntegra esta senda da auga.
luns, 14 mar 2011
O Instituto Feiral de Vigo encheuse onte domingo na segunda xornada do Festival para presenciar as actuacións das cinco corais polifónicas programadas, da AACC Agarimo, SCD Nautilius de Comesaña, Perla do Atlántico de Alcabre, Alborada de Cabral e María Auxiliadora. O evento, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) coa colaboración da Alcaldía de Vigo, voltará ao IFEVI o próximo domingo, 20 de marzo.
luns, 14 mar 2011
O concerto de presentación do segundo disco do grupo vigués Eladio y los Seres Queridos, previsto para o vindeiro 26 de marzo no Auditorio Municipal, cancélase ata nova data, segundo informa a Concellería de Cultura. Esta actuación incluíase na programación do Auditorio Municipal para o mes de marzo, pero finalmente non se vai poder celebrar nesa data como estaba previsto.