Eudosio Álvarez presenta o plan didáctico do xacemento do Castro que premite profundar no coñecemento do poboado
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este luns o Plan Didáctico para o xacemento de O Castro, que dende a súa apertura hai pouco máis dun ano recibiu máis de 30.000 visitas. O nacionalista salientou que esta iniciativa, que dende mañá estará dispoñible na web municipal, supón unha nova etapa de continuidade do proxecto museístico para que tanto os escolares como o público en xeral "teñan a posibilidade de gozar do material".
Eudosio Álvarez destacou que a posta en valor do xacemento de O Castro é "un dos grandes éxitos deste mandato", pero alertou de que o éxito "non pode facer que nos durmamos". Pola contra, asegurou que é preciso seguir dando pasos que permitan dar a coñecer máis fondamente o patrimonio vigués. Neste obxectivo enmárcase a creación das unidades didácticas sobre o xacemento, destinadas tanto para os mozos e mozas da cidade como para as persoas adultas que queiran achegarse máis fondamente ao proxecto.
O concelleiro de Patrimonio Histórico explicou que cada mes do ano, o Plan Didáctico centrarase nunha curiosidade. En concreto, respecto ao mes de marzo, indicou que estará adicado á cabana máis antiga do Castro. "Trátase dunha proposta para seguir impulsando o xacemento", afirmou. A arqueóloga municipal, Cristina Toscano, sinalou que as curiosidades do mes tratarán temáticas moi variadas e enfoques diversos "que poidan ser indicativos da cultura que se trata". Neste sentido dixo que se abordarán temas sociais ou económicos que permitan afondar na evolución que sufriu o xacemento ata nosos días.
Un dos responsables da posta en marcha deste Plan, Eduardo Rodríguez, explicou que as fichas didácticas que o integran están agrupadas en cinco bloques, en función da idade dos destinatarios. Cada ficha conta cun caderno para o profesorado, 2 actividades previas á visita ao xacemento e 2 actividades posteriores á mesma, de reforzo do contido aprendido. Indicou que este material é o resultado da sistematización das experiencias piloto desenvolvidas o ano pasado.
Preguntado Eudosio Álvarez sobre as visitas realizadas ao xacemento no ano transcorrido dende a súa apertura, afirmou que se trata dun "auténtico éxito dende todos os puntos de vista". Pero destacou que ademais do número de visitantes, máis de 30.000, "é importante que a xente saia contenta". Ao respecto lembrou a enquisa de satisfacción feita nos primeiros meses de apertura de xacemento, na que a nota de valoración foi de máis dun 9 sobre 10.
Descargar todas as imaxes