Caballero desvela dúas novas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ratifican a "validez do Plan de Ordenación Municipal" de Vigo
O alcalde de Vigo informou hoxe martes de dous novos ditames xudiciais relativose favorables ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. Unha sentenza ratifica a calificación do solo nas proximidades á Praza da Industria e a segunda confirma que duplicar a vivenda protexida non é unha modificación substancial e por tanto non precisa de nova exposición pública. Segundo apuntou o alcalde, trátase dunha "nova sentenza, e van dez, favorable á validade do Plan".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo públicas hoxe martes dúas novas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ratifican a "validez do Plan de Ordenación Municipal".
En rolda de prensa, o rexedor vigués indicou que "o tribunal é moi categórico" ao desestimar a pretensión dos demandantes de invalidar todo o Plan Xeral vigués por non ter exposto ao público de novo o texto tras introducir o goberno de Caballero o dobre de vivenda de protección oficial.
Asegurou Caballero que o tribunal ditamina que o incremento da vivenda protexida ata o 45% non é unha modificación substancial e por tanto non precisa dunha nova exposición pública. O alcalde citou frases textuais da sentencia que sinalan que os cambios son "aspectos singulares que en absoluto revelan unha alteración xeral que merecera ou esixira a aplicación do novo trámite de información" pública.
En segundo lugar, Caballero explicou que a seguinte ratifica a clasificación, calificación e ordenación dada polo goberno local á mazá ubicada entre as rúas Tomás Alonso, Eugenio Fadrique e Conde de Torrecedeira, desestimando a solicitude dos demandantes de modificar puntualmente o PXOM aprobado.
Caballero felicitouse por ter recibido o Concello "unha nova sentenza, e van dez, favorable á validez do Plan de Ordenación Municipal", relativa á necesidade ou non dunha nova exposición pública tras o incremento da porcentaxe reservada para vivenda de protección oficial.
Descargar todas as imaxes