O tenente de alcalde anuncia que o servizo de bicis eléctricas do Casco Vello entrará en servizo en abril
Un servizo de bicicletas eléctricas contribuirá no prazo dun mes e medio á mellorar a mobilidade do Casco Vello, como un paso máis na aposta pola recueperación do barrio, segundo asegurou hoxe o tenente de alcalde na súa presentación. Santi Domínguez explicou que, nunha primeira fase, o servizo operará con 8 bicicletas, cunha autonomía de 60 kilómetros, e que se poderán utilizar durante dúas horas por só un euro. Este servizo completarase co bus eléctrico, cuxa infraestrutura estase acabando de instalar nestas semanas.
Coa iniciativa das bicicletas e o bus eléctricos o obxectivo é facer accesible o barrio en calquera das súas zonas sen necesitar o coche particular. "Queremos acabar coa supremacía do coche e facer unha cidade para as persoas", explicou.
Calquera persoa que desexe facer uso das bicis poderá facelo solicitando unha tarxeta que se expedirá no Concello. Para recoller a bici deberá pasar a tarxeta polo lector do sistema de recollida, que está ubicado diante da Biblioteca Central, na rúa Fermín Penzol. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, explicou que se habilitará un sistema especial de uso para os turistas que se acheguen á cidade.
A posta en marcha do servizo das bicis está pendente da ordenanza fiscal municipal que permitirá o seu uso. O obxectivo é que se aprobe no pleno do mes de abril.
"Polo módico prezo dun euro, poderemos facilitarlle aos veciños e veciñas e tamén e ao turismo un modo de transporte, sostible, ecolóxico e que sitúa a nosa cidade na vangarda deste sistema, xa que son poucas as cidades que dispoñen dun servizo de préstamo de bicis eléctricas", afirmou Santi Domínguez. O tenente de alcalde adiantou que o obxectivo é que "superada a experiencia deste primiero ano, podamos ampliar o servizo a outras zonas da cidade".
Descargar todas as imaxes