O alcalde e a concelleira de Educación informan aos directores dos colexios da nova convocatoria de becas de inglés para escolares
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, convocaron este mércores aos directores dos centros educativos de secundaria de Vigo para informarlles da nova convocatoria municipal aberta do Programa de Inmersión Lingüísitica en Inglés para 2011, que levará a 290 escolares de 3º de Secundaria a estudar en inglés ao Reino Unido.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, mantiveron este mércores un encontro informativo con directores de colexios de Vigo relativo á nova convocatoria de becas de inglés municipais.
O obxectivo do goberno local con este programa, iniciado fai catro anos, é que todos os estudantes poidan aprender idiomas fóra das nosas fronteiras, para adquirir a máxima capacitación de cara á súa formación e futura incorporación ao mercado laboral.
Este ano, e por cuarto ano consecutivo, o goberno local incrementa o número de bolsas para que os escolares de 3º da ESO estuden un mes no Reino Unido, chegando este ano ás 290. Como en cursos anteriores, o Concello asumirá todo o custo económico do programa e priorizará aos estudantes dos centros públicos.
Poderán participar nesta nova convocatoria todos aqueles rapaces e rapazas que, estando empadroados en Vigo, teñan superado todas as materias escolares de 2º de ESO cunha nota mínima en inglés dun 6.
Descargar todas as imaxes