O tenente de alcalde inaugurou a reforma de Real, unha das 38 rúas e prazas que se mellorou no Casco Vello
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe a rúa Real, unha das 38 rúas e prazas que ao longo deste mandato se renovaron no Casco Vello, no que cualificou como "a maior actuación de mellora do entramado viario do barrio na súa historia". Aínda que a transformación que se deu nestes anos é "un feito", dixo que hai que seguir traballando para completar un proceso polo que garantiu que os nacionalistas van seguir apostando. O nacionalista quixo agradecer especialmente a "paciencia" e "colaboración" veciñal para poder desenvolver as obras nesta rúa e no resto do barrio.
Santi Domínguez definiu a rúa Real "como a rúa maior do Casco Vello", pero explicou que a pesar de ser unha vía principal, "o seu estado de deterioro era igual de grave que a da maioría das rúas nas que actuamos nestes anos". Debido ao mal estado que presentaban os servizos públicos, a actuación principal das obras que se desenvolveron foi a renovación e dotación total dos servizos. "Os veciños e veciñas necesitaban ter servizos que no século XXI era impensable que non tiveran", precisou.
O tenente de alcalde explicou que se instalaron redes novas de augas pluviais para conseguir un sistema separativo, "especialmente necesario nesta rúa xa que é a que recibe as pluviais de case toda a zona baixa do Casco Vello". O nacionalista explicou que tamén se renovou a rede de abastecemento de auga potable, creando redes que aumentan a capacidade de subministro actual, e púxose rede de subministro de gas onde non existía o servizo.
Santi Domínguez indico que se recuperou a pedra existente e tratouse de minimizar o efecto visual das tapas de fundición dos numerosos rexistros existentes con pavimento de pedra. Especialmente quixo destacar o resultado final da iluminación nesta vía principal do Casco Vello.
A reforma da rúa Real supuxo actuar sobre 1.177 metros cadrados de superficie, cun orzamento próximo aos 500.000 euros, que foron financiados con cargo ao Plan FEIL.
Descargar todas as imaxes