O Inega inaugura unha exposición sobre a importancia e o bo uso das fontes de enerxía
"A través das enerxías" axúdanos a mellora-la comprensión das fontes enerxéticas, a súa necesidade e conveniente utilización, así como os factores económicos derivados da súa importancia e necesidade actual.
A exposición do Inega "A través das enerxías", organizada pola Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, inaugurouse hoxe no Concello coa presencia da alcaldesa Corina Porro, o presidente de Instituto Enerxético de Galicia, Juan Caamaño, o concelleiro José Manuel Iglesias e a delegada de Industria, Carmen Bianchi.
A exposición pretende mellora-la comprensión sobre a importancia dos recursos enerxéticos, fomenta-las necesidades de incrementa-la participación das fontes renovables no escenario de xeración enerxética, e afondar nos factores económicos e ambientais derivados do consumo actual de enerxía.
O director do Inega, Juan Caamaño, falou da finalidade didáctica da exposición, pero tamén destacou a función de espertar nos galegos a idea de que a xeración de enerxías renovables é unha fonte de riqueza básica neste século que comeza. "Galicia é a quinta rexión mundial en creación de enerxías renovables cun porcentaxe que chega ao 60% da enerxía xerada na nosa rexión e, en 2010, preténdese chegar ao 90%. Isto converteríanos nun referente mundial no sector enerxético", dixo.
A través de diversos montaxes e paneis explicativos, a exposición propón unha viaxe pola historia coas fontes de enerxía como fío conductor, que permite ao público adquiri-los coñecementos básicos sobre as diferentes fontes, a súa transformación e o seu consumo. Cada espacio suxire unha experiencia e unha reflexión sobre o valor da enerxía e os hábitos de consumo.
A exposición estructúrase nun percorrido lóxico analizando os seguintes aspectos: a evolución histórica e os conceptos básicos da enerxía, as fontes de enerxía convencionais, as enerxías renovables, o aproveitamento eficiente da enerxía, a utilización da enerxía, a súa distribución e o seu consumo.
"A través das enerxías" estará aberta ao público na planta baixa do Concello ata o remate das vacacións escolares de Nadal, momento no cal comezará unha serie de visitas guiadas dos colexios da cidade.