mércores, 15 decembro 2004

O Concello achegará a sanidade aos vigueses a través das Unidades de Promoción da Saúde

Achegar a sanidade aos vigueses para promover hábitos saudables. Este é o obxectivo das Unidades de Promoción da Saúde, entidades que o Concello porá en marcha a partir do próximo ano en cada un dos tres distritos da cidade. Para informar os profesionais, técnicos e responsables deste ámbito, terá lugar mañá día 16 de decembro un encontro de análise no Instituto Municipal de Educación.

Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 15 dec 2004

Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 16 de decembro de 2004, ás 9,30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da referida relación.