O Concello renova o alumeado e crea zonas axardinadas na praza de España
O concelleiro Henrique Vieitez presentou a renovación do alumeado e a creación de tres zonas axardinadas na praza de España, un espacio referente para vigueses e visitantes que marcará a pauta polo seu deseño innovador. Nas obras de canalización participou persoal do Promil.
Esta actuación conxunta da Concellería de Electromecánicos tivo un investimento de 65.000 euros destinados á renovación do sistema de alumeado e instalación de farolas, e de 15.000 euros para a creación de zonas axardinadas con cargo a Parques e Xardíns.
Mediante un novidoso sistema de telexestión e telecontrol permítese regular a intensidade do alumeado en función da necesidade de cada momento, o que supón un aforro económico e enerxético, con zonas de máis iluminación nos espacios transitados e de penumbra no interior da redonda para resaltar as lámpadas dirixidas aos cabalos.
Substituíronse as vellas farolas por outras de deseño e con altas prestacións, que suporán unha importante mellora tanto no rendemento lumínico como na estética da praza. As novas farolas teñen unha base de poliéster reforzado con fibra de vidro e están protexidas contra a humidade e o po cumprindo así os criterios da ordenanza municipal e do Plan director do alumeado público.
Xardíns
Habilitouse unha pequena parcela en semicírculo con tres grandes xardineiras de madeira con árbores e detrás outras máis pequenas de pedra con masas arbustivas. Ao redor das xardineiras de madeira van o tepe e mailas flores. A obra de axardinamento da praza de España proxectouse tendo en conta o seu entorno, para facer máis amables as partes laterais da praza.
En total, creáronse tres zonas axardinadas para ofrecer unha ampla variedade de cores e formas vexetais a través das especies plantadas.