mércores, 14 mai 2003
A praza do Rei foi o punto de partida dos linguatletas do Correlingua 2003, que recollían o testemuño da etapa celebrada o día anterior no Baixo Miño. Máis de 4.000 rapaces de Vigo, Nigrán e O Porriño participaron no percorrido entre o Concello e o parque de Castrelos. O acto de inicio da marcha, conducido polo cantante Xurxo Souto, contou coa presencia da deportista Chus Lago, o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo e os concelleiros de Normalización Lingüística, Carme Corbalán e de Xuventude, Santiago Domínguez. O alcalde, Lois Pérez Castrillo, deu a saída aos corredores a prol da lingua.
mércores, 14 mai 2003
O concelleiro Henrique Vieitez presentou a renovación do alumeado e a creación de tres zonas axardinadas na praza de España, un espacio referente para vigueses e visitantes que marcará a pauta polo seu deseño innovador. Nas obras de canalización participou persoal do Promil.
mércores, 14 mai 2003
O programa ¿Xogas?, en galego podemos ofrece un obradoiro de pintura sobre o Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry, conmemorativo dos 25 anos de traducción ao galego polo escritor Carlos Casares. A cita será o xoves 15 de maio ás 18:30 a carón do Museo de Arte Contemporánea.
mércores, 14 mai 2003
O conservatorio de música acolle o xoves a partir da 20.30 horas o terceiro dos concertos do ciclo de música Xeración 2000+3 organizado pola Concellería de Cultura co fin de promover a creación e interpretacións dos xoves. Nesta ocasión o protagonista é o Trío Maula, grupo creado en 1995 polo percusionista Pedro Sanz e o tubista Eduardo Nogueroles.