Máis de 4.000 rapaces en carreira pola lingua
A praza do Rei foi o punto de partida dos linguatletas do Correlingua 2003, que recollían o testemuño da etapa celebrada o día anterior no Baixo Miño. Máis de 4.000 rapaces de Vigo, Nigrán e O Porriño participaron no percorrido entre o Concello e o parque de Castrelos. O acto de inicio da marcha, conducido polo cantante Xurxo Souto, contou coa presencia da deportista Chus Lago, o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo e os concelleiros de Normalización Lingüística, Carme Corbalán e de Xuventude, Santiago Domínguez. O alcalde, Lois Pérez Castrillo, deu a saída aos corredores a prol da lingua.

A reflexión sobre a perda de presencia entre os máis novos centrou todas as intervencións de comezo de carreira. Así, Xosé María Álvarez Cáccamo, encargado de ler o manifesto "Correlingua 2003", dirixiuse aos nenos afirmando que "sodes a primeira xeración da que depende a pervivencia do galego", e Lois Pérez Castrillo, animounos a "ensinarlles a lingua aos vosos amigos".
Pola súa banda, Xurxo Souto pediu máis medios para frear o retroceso do emprego da lingua e pediu un Plan de Normalización da Lingua aberto e participativo.
De xeito paralelo, os máis pequenos, incapaces de realizar o percorrido completo, desenvolveron distintas actividades no parque de Castrelos, no que se celebraron sorteos e xogos.
A terceira edición do Correlingua comezou o pasado día 5 de maio en Ferrol e finalizará o 16 de maio en Pontevedra. O lema escollido este ano "Fala, non mordas a lingua" reivindica a un tempo o emprego do galego entre os mozos e a súa opinión sobre o contorno, dende o orgullo da propia identidade.