As fontes de Aragón ilumínanse de azul polo Día da Enfermidade Celíaca
O Concello de Vigo súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra cada 16 de maio, e que ten como fin dar visibilidade e apoio ás persoas celíacas. Así, as fontes da rúa Aragón tinguiranse de azul este martes pola noite.
