A Policía Local incorpora 19 efectivos
O alcalde presidiu este martes no Concello a toma de posesión como funcionarios dos novos axentes. No mes de xuño, o Corpo sumará 81 policías incorporados.

A Policía Local de Vigo conta con dezanove efectivos máis, que veñen de incorporarse ao servizo logo da súa toma de posesión celebrada no Concello e presidida por Abel Caballero. Son onde oficiais, unha permuta de Policía Local e sete inspectores de Policía.
Tal e como explicou o rexedor, no mes de xuño van incorporarse á Policía 21 axentes que nestes momentos están cumprindo co período de prácticas na academia. Así as cousas, ata o mes de xuño deste ano serán 81 os policías incorporados ao cadro de persoal, que está conformado por un total de 335 operativos.



