Escoitar

O Concello aproba 4.000 prazas para os campamentos de verán

As familias interesadas poderán facer a solicitude desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia ata o 31 de maio. O Concello convoca o maior número de prazas (4.000) de campamentos de verán para nenas e nenos de entre 4 e 17 anos.

martes, 16 mai 2023
Foto de arquivo do alcalde durante a visita a un campamento municipal
Foto de arquivo do alcalde durante a visita a un campamento municipal

A Xunta de Goberno aprobou as bases do programa Verán Xove 2023, os campamentos para a mocidade desde os 4 aos 17 anos que este ano suma 4.000 prazas. O obxectivo municipal é facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias de Vigo. O importe do programa supera o medio millón de euros.

O alcalde informou que as inscricións comezarán unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia e coa data límite do 31 de maio. As prazas para a participación no programa serán outorgadas por sorteo, como vén sendo habitual.

Abel Caballero numerou os distintos emprazamentos: Alcabre, Berbés, Náutico en Bouzas, Coia, Doutor Fleming, Náutico na ETEA, Casa da Xuventude, Ludo Coia, Lavadores, Navia, Samil, Urbano de Travesas, Vigosónico e VigoZoo.

Descargar todas as imaxes