xoves, 18 maio 2023

Caballero subliña a importancia do medioambiente nas políticas públicas do Concello

O alcalde abriu a sesión do evento organizado pola Fundación AXA na que deu a coñecer a percepción cidadá do cambio climático. Abel Caballero sinalou a importancia do medioambiente como eixo fundamental nas políticas que aplica o Concello. Desde xeito, explicou como Vigo está a transformar a mobilidade con ascensores, escaleiras e ramplas mecánicas e a incorporación do carril bici ás rúas da cidade: "Este é o sistema", concluíu. En canto ao urbanismo das cidades, falou da importancia dos centros de proximidade, "cidades de 10 ou 15 minutos", para as que, segundo explicou, "hai que insistir no pequeno e mediano comercio, facer lugares de ocio e puntos de encontro para que a cidade sexa atractiva", concluíu.

Vigo acolle o 21 de maio a III Copa Vigo de España de Ciclismo

xoves, 18 mai 2023

Abel Caballero acudiu á presentación da III Copa Vigo de España de Ciclismo que se celebra o 21 de maio con saída e meta na cidade. A competición, organizada polo Club Ciclista Vigo - Rías Baixas, transcorre 7,8km polas rúas de Vigo, primeiro no centro con partida desde Praza do Rei e remata na Madroa. O alcalde quixo mostrar o seu apoio á proba e aos organizadores no acto de presentación que tivo lugar no Auditorio Mapfre.