- Urbanismo
- Vías e Obras
- Alcaldía
- Medio Ambiente
- Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
- Axenda urbana
Caballero inaugura a Gran Vía con medio quilómetro de ramplas mecánicas e xardín botánico
Complétase o corredor mecánico desde o cruce de María Berdiales ata Praza de España coa posta en marcha das ramplas entre Venezuela e Nicaragua. O alcalde di que esta forma de mobilidade “é un exemplo que están a ter en conta outros alcaldes e alcaldesas de España”. O Concello investiu cerca de 10 millóns de euros na humanización e mecanización da Gran Vía.

Abel Caballero inaugurou e estreou as novas ramplas da Gran Vía entre Venezuela e Praza de España. Para o alcalde “hoxe é un gran día para a cidade” e celebrou a posta en marcha deste novo tramo que permiten subir a Avenida a través dunha rampla sen esforzo. A pendente da Gran Vía é superior ao 8,5%, dato que segundo Caballero “hoxe non se podería facer unha rúa destas características polas normas urbanísticas, pero nós resolvémolo cunha rampla mecánica”.
O investimento da fase II é de 4.235.000 euros, dos cales 3.100.000 son aportados polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado cos fondos Next Generation EU. Unha obra “que marca unha forma de utilización dos espazos e a mobilidade”, manifestou o rexedor, que tamén puxo de manifesto que Vigo é un exemplo para o resto de municipios: “Viñeron alcaldes e alcaldesas e están a desenvolver proxectos como o Vigo Vertical nas súas cidades e vilas. A nosa iniciativa marcou unha pauta en España”.
O acto de inauguración estivo amenizado por un grupo de música tradicional. Decenas de veciños e veciñas achegáronse para coñecer este novo espazo, que ten unha zona con pavimento que xera enerxía limpa e outra de xogo onde ao pisar prodúcense ondas de mar na pantalla do chan.






