Abel Caballero: "A Vig-Bai é o resultado da unión de tres municipios, que deu un resultado excepcional ata converterse nunha proba imprescindible"
O rexedor participou este xoves na presentación da XXII edición do Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bai e II MiniBai que se celebra o vindeiro domingo, 26 de marzo e que este ano foi recoñecida cun dos galardóns da cidade. Na súa intervención destacou o papel do deporte na cidade, así como o "orgullo de poder entregarlles hoxe a medalla de Vigueses Distinguidos" e animou a todos os deportistas que participen na proba.
