O goberno municipal inicia o asfaltado da rúa Nigrán
O alcalde, xunto a Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Javier Pardo, tenente de alcalde, visitou este xoves as obras de humanización da rúa Nigrán, onde hoxe comezaron a executarse os traballos de asfaltado da vía. O Concello acometerá nas próximas semanas humanizacións en preto de setenta rúas da cidade.


