O venres comezan a funcionar as novas ramplas da Gran Vía
Remata deste xeito a humanización e instalación das ramplas da Gran Vía na Fase II e complétase así o corredoiro ata Praza de España.

O venres inaugúrase a humanización e instalación das ramplas mecánicas da Gran Vía na Fase II. Abel Caballero anunciou a apertura do novo bulevar co novo corredoiro mecánico que vai desde a rúa Venezuela ata Praza España e completa así ese tramo de avenida. O investimento é de 4.235.000 euros, dos cales 3.100.000 son aportados polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado cos fondos Next Generation EU.
Para Caballero a obra da Gran Vía “é unha nova forma de entender a cidade, os bulevares, a mobilidade, de eliminar coches das rúas e utilizar un sistema eléctrico sen ruídos e respectuoso co medio ambiente, xa que toda a enerxía que utiliza o Concello é renovable”.
Os case 500 metros de ramplas na Gran Vía salvan unha pendente do 8,5%.


