O goberno local presentará a candidatura de Illas Cíes a Xeoparque Mundial da UNESCO
Abel Caballero anunciou que presentará a candidatura o venres 31 de decembro no Auditorio Mar de Vigo co obxectivo de que no 2024 as Illas Cíes sexan parte da Rede Mundial de Xeoparques da UNESCO.

As Illas Cíes serán Xeoparque da Rede Mundial da UNESCO. Abel Caballero presentará a candidatura o venres 31 de marzo no Auditorio Mar de Vigo co obxectivo de lograr o este nomeamento e recoñecemento no ano 2024.
O alcalde enviou una carta á secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela, anunciando a vontade do Concello de levar Cíes á próxima convocatoria. “É importantísimo. Un recoñecemento de ámbito mundial. En Galicia temos o xeoparque das Montañas do Courel e o proxecto de Cabo Ortegal. As Illas Cíes serán o terceiro Xeoparque Mundial da UNESCO”, declarou Caballero en rolda de prensa.
O rexedor lembrou que o goberno local traballa desde 2014 na candidatura de Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, polo que as investigacións feitas ata o de agora serven para a nova candidatura aínda que tamén haberá que completar novos requirimentos. “Cumpriremos”, afirmou Caballero.
Tamén o alcalde lamentou que a Xunta de Galicia presentara fai 5 anos unha candidatura “ocultista” para bloquear as accións do Concello con Illas Cíes Patrimonio da Humanidade: “Presentouna no 2017 e non fixeron nada”, criticou.