Vigo súmase este sábado á Hora do Planeta
O Concello amosa o seu compromiso co medioambiente sumándose á Hora do Planeta "polo clima, natureza e a loita co cambio climático", tal e como expresou o alcalde. Deste xeito, as luces da Casa Consistorial, as fontes de Aragón e Gran Vía, a Praza España e a pérgola de Travesas estarán apagadas entre as 20:30 e as 21:30 horas.
