O alcalde visita o Centro Residencial Sanitas Vigo no seu 20 aniversario
Abel Caballero saudou este xoves aos residentes e ao persoal do Centro que celebra vinte anos de actividade na urbe poñendo en valor o seu traballo no coidado das persoas maiores e apuntando que "o éxito dunha cidade se sustenta no respecto aos seus maiores. Estamos a facer unha cidade para xente nova e tamén para xente maior". Durante o acto de celebración, o rexedor, acompañado da concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, entregou un pequeno recoñecemento á residente máis lonxeva e á empregada de maior antigüidade.


