Escoitar

O Día da Muiñeira enche de música e baile a rúa Venezuela o 7 de maio

O alcalde avanza que será unha celebración “masiva” dado que nestes momentos hai xa 36 grupos e máis de 500 participantes inscritos para formar parte da xornada festiva.

xoves, 23 mar 2023

O domingo 7 de maio o Concello celebra a 43º Edición do Día da Muiñeira que congregará a bailaríns e músicos a partir das 11:30 horas na Praza do Rei. Dende a praza, iniciarán un desfile ata a rúa Venezuela onde realizarán a súa actuación, que se prevé que comece ás 12:00 horas.

Tal e como explicou o rexedor, nestes momentos hai xa rexistrados 36 grupos e máis de 500 participantes na xornada. O prazo de inscrición segue aberto, ata o próximo 31 de marzo. Pode realizarse a través do mail: asociacionculturalinterfolk@gmail.com.

O alcalde animou a toda a cidade a participar no Día da Muiñeira que será un “día magnífico para facer unha grande homenaxe á música tradicional”.

Descargar todas as imaxes