Escoitar

As obras da rúa Aragón finalizarán en maio

O alcalde anunciou o reinicio da obra logo de aprobar un modificado necesario para a mellora das canalizacións cun importe de 53.000 euros. As obras retomaranse a próxima semana.

xoves, 23 mar 2023
Arquivo: o alcalde no inicio da obra da rúa Aragón Fase VI
Arquivo: o alcalde no inicio da obra da rúa Aragón Fase VI

A Xunta de Goberno aprobou o modificado das obras da rúa Aragón na fase VI cun importe de 53.000 euros. Segundo deu conta o alcalde en rolda de prensa, isto permite retomar as obras a próxima semana e telas finalizadas no mes de maio este tramo de rúa.

Abel Caballero explicou que atopáronse no subsolo canalizacións en estado diferente ao que constaban nos planos. O modificador permitirá a mellora das canalizacións de liñas eléctricas e dos semáforos.

Esta actuación ten un importe de máis de 623.000 euros. Trátase dunha actuación en 310 metros de rúa, desde o número 185 de Aragón ata o cruce con Travesía Rosais. “Unha das grandes humanizacións de Vigo”, dixo o alcalde, que lembrou que toda a actuación ten un investimento de 7.350.000 euros.

Caballero tamén expuxo as obras do Vigo Vertical que está a desenvolver o goberno local na zona, co ascensor desde Travesía á igrexa de Santo Cura de Ars e posteriormente unha rampla ata Aragón, cun importe ambas actuacións de 1.600.000 euros. “Salvan 17 metros de altura”, explicou. Ademais destas actuacións tamén o Concello ten en marcha os parques infantís da Finca Matías onde tamén instalarase unha rampla mecánica.

Descargar todas as imaxes