O alcalde felicita aos axentes da Policía Local que realizaron unha intervención de risco
Abel Caballero recibiu este venres a cinco axentes que veñen de desenvolver unha actuación policial con perigo para a súa integridade física ao tratarse dunha tentativa de homicidio na que detiveron a catro persoas e na que se interviñeron drogas e atoparon unha gran cantidade de obxectos nunha vivenda, posiblemente subtraídos. O rexedor agradeceu o labor da Policía Local e puxo en valor a profesionalidade e rapidez dos axentes na súa intervención.


