Caballero felicita á cidade pola "gran Reconquista"

luns, 8 abr 2024

Vigo encheu rúas e prazas durante a fin de semana con motivo da festa da Reconquista. O alcalde celebrou que milleiros de cidadáns e cidadás celebraran esta romaría urbana e felicitou á cidade "pola gran Reconquista". "Foi unha boa forma de celebrar o noso 215 aniversario da nosa independencia", manifestou o rexedor. Cualificou a representación teatral da expulsión do exército francés como "maxistral" e considerou boa idea medrar os espazos da Reconquista ata a rúa Elduayen e Paseo Alfonso: "Abriu unha nova perspectiva".

O Festival de maxia na rúa desprázase ao Auditorio Municipal da Praza do Rei

xoves, 28 mar 2024

O mal tempo impide o desenvolvemento da segunda edición de "Vigo rúa Máxica" tal e como estaba previsto na Porta do Sol, polo que os espectáculos van celebrarse no Auditorio Municipal con cambio de horario: de mércores a sábado ás 17:00 horas e o domingo ás 12:30 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Queda aprazadas tamén as actividades infantís "Vigo mundo xogo"

"A Reconquistiña" contará con 1.400 escolares de 34 colexios de Vigo

martes, 19 mar 2024

Os preparativos da Reconquistiña acaparan xa as actividades dos 1.400 alumnos dos 34 colexios de Vigo que o mércores 3 de abril protagonizarán o desfile que encherá a Praza de Compostela e o Casco Vello. Así o anunciou este martes Abel Caballero tras poñer en valor ensaios como os iniciados hoxe nos colexios Atlántida e Canicouva.